lunes, 31 de mayo de 2010

Para vir a xunta min

A cuestión é comer, cantar e bailar...como bo galego e galega. Letras imprescindibles nas nosas comidas, bodas, comunións, festas de gardar e, por suposto, as noites de verán...Aquel que xa non está nos escenarios e que se bota de menos...Grande Xoan Pardo!!!(aínda que o video non é de él...)
E por tanto queda inaugurado este novo blog!


"Amoriños collín
na veiriña do mar
amoriños collín
non os poido olvidar
non os poido olvidar
ai si si ai ai ai
amoriños collín
na veiriña do mar.

Xa me dixo teu pai
que te chame a bailar
e no medio do baile
che deixe quedar
que che deixe quedar
ai si si ai ai ai
xa me dixo teu pai
que te chame a bailar.

Para vir a xunta mín
para vir a xunta mín
vai lava la cara
vai lava la cara
vai lava la cara galopín.
Para vir a xunta mín
para vir a xunta mín
vai lava la cara
vai lava la cara
vai lava la cara galopín.

Carril ten un areal
que chega a Vilagarcía
onde van os berberechos
detrás das berberechiñas.
E no medio no medio da ría
ao compás ao compás
dos cantares
o ventiño que viña de lonxe
axudaba o gaiteiro a soplare
axudaba o gaiteiro a soplare
ai la le lo ai la le lo la lo.

Eu queríame casare
miña nai non teño roupa
Eu queríame casare
miña nai non teño roupa
Casa miña filla casa
que unha perna tapa a outra
casa miña filla casa
que unha perna tapa a outra.

E prá que non digas
que tal e que cual
que vou ou non vou
que tal que sei eu.
Eu alá non fún
ela acó non veu,
nin eu llo pedín
nin ela mo deu.

Se me deran a escollere
eu non sei que escollería,
se me deran a escollere
eu non sei que escollería
mata-lo porco de noite
ou mata-lo po-lo día,
mata-lo porco de noite
ou mata-lo po-lo día.

Ai Pepiño adiós
ai Pepiño adiós.
ai Pepiño por Dios
non te vaias
quédate con nos,
quédate con nos
non te vaias afogar na praia
como nos pasóu a nos.

Ai Sálvora ai San Vicente,
Ai Sálvora ai San Vicente,
Ai Sálvora ai San Vicente
ás mozas máis bonitas
son as de Mourente.
Ai Sálvora ai San Vicente
ás mozas máis garridas
son as de Mourente.

Po-lo río abaixo vai
unha troita de pé,
corre que te corre
quen a poidera coller,
corre que te corre
quen a poidera coller,
po-lo río abaixo vai
unha troita de pé.

Xa me dixo teu pai
que te chame a bailar
e no medio do baile
che deixe quedar
que che deixe quedar
ai si si ai ai ai,
xa me dixo teu pai
que te chame a bailar.

Amoriños collín
na beiriña do mar,
Amoriños collin
non os poido olvidaaaaar!!"


1 comentario:

  1. gran temática do blog, heiche de pasar algunha por se che gusta! anoto en favoritos!

    http://www.quemeimportaamin.blogspot.com/

    ResponderEliminar